A Insua dos Poetas homenaxea ao Rexurdimento literario

Redacción / La Voz

CULTURA

A festa recordará a Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal

06 jun 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

O próximo 20 de xullo terá lugar no Carballiño a quinta edición da Festa da Palabra na Insua dos Poetas, que este ano pretende homenaxear aos tres grandes poetas do Rexurdimento literario galego: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Como punto central desta homenaxe terá lugar na festa a inauguración dunha escultura alegórica do Rexurdimento da que é autor Pedro José Rodríguez Álvarez.

A festa está organizada pola Fundación Insua dos poetas, que preside Luís González Tosar, e o vindeiro 20 de xullo ten previsto que participen na celebración persoeiros do mundo académico e cultural galego como o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e os escritores Salvador García-Bodaño, Manuel Rivas, Víctor Campio Pereira, Edelmiro Vázquez Naval e os artistas Antón Lamazares, Antón Pulido, Vidal Souto ou Alexandre.