Os dous institutos Carlos Casares renden homenaxe ao escritor na Penzol

CULTURA

...
... Jorge Lamas

Os alumnos de Viana do Bolo e Vigo recordaron ao literato no décimo aniversario da súa morte

22 nov 2012 . Actualizado a las 14:38 h.

As fundacións Penzol e Carlos Casares organizaron unha homenaxe a Carlos Casares no décimo aniversario do pasamento do escritor. A idea inicial era reunir aos cinco centros que levan o nome do galeguista, pero debido a problemas loxísticos só poideron acudir os IES de Viana de Bolo e Vigo. O director da biblioteca amosoulle aos alumnos a Fundación. Valentín García, secretario xeral de Normalización Linguística, recordoulle aos invitados a importancia de Carlos Casares. A Fundación Penzol cumprirá o vindeiro ano medio século de existencia, sendo un dos principais centros de estudios galegos do mundo.