Manuel María será lembrado de novo o 8 de setembro en Outeiro de Rei

OUTEIRO DE REI

A homenaxe deste ano celebrarase tras ser elixido para o Día das Letras Galegas do 2015

31 ago 2015 . Actualizado a las 19:35 h.

Manuel María será lembrado o 8 de setembro, como ocorre dende hai varios anos, en Outeiro de Rei. A Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos organizan unha homenaxe que coincide coa data do pasamento do poeta e que segue un esquema ben coñecido.

Este ano manterase esa liña. En primero lugar, ás tres da tarde, celebrarase un xantar nun restaurante de Gaioso (Outeiro de Rei); logo, ás cinco, terá lugar un recital de poesía en Penas de Rodas, os que seguirá, ás seis, unha lectura de textos no cemiterio de Outeiro de Rei. Media hora despois, no campo de Santa Isabel, desenvolverase o rito das navallas, en lembranza deses obxectos que con tanto interese coleccionaba o autor de «Terra Chá». Este ano recibirana o xornalista Marcial González, a título póstumo, e o escritor Lois DIéguez. Os actos pecharanse cun recital de música e de poesía.

Os que desexen anotarse para o xantar deben chamar ao número de teléfono 646 413 890. A celebración deste ano