Xela Arias xa ten a súa rúa en Sarria

Uxía Carrera Fernández
uxía carrera LUGO / LA VOZ

LUGO

Na homenaxe en Sarria a Xela Arias participou o seu fillo
Na homenaxe en Sarria a Xela Arias participou o seu fillo UXIA CARRERA

A familia e o presidente da Real Academia presiden un acto de homenaxe á poeta

02 may 2021 . Actualizado a las 18:24 h.

Familiares, amigos, veciños e mesmo o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, presidiron este mediodía en Sarria un acto de homenaxe a Xela Arias, a poetisa a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

O acto consistiu na apertura dunha praza no barrio de San Lázaro, en Sarria, e do cambio de nome da rúa dedicada durante 64 anos ao falanxista José Antonio, e que a partires de agora levará o nome da escritora galega.

Homenaxe en Sarria a Xela Arias, que xa leva o nome dunha céntrica rúa. A familia e Víctor Freixanes descobren un monolito
Homenaxe en Sarria a Xela Arias, que xa leva o nome dunha céntrica rúa. A familia e Víctor Freixanes descobren un monolito UXIA CARRERA

No acto interveu o fillo de Xela Arias, Darío; o citado Freixanes, o alcalde da vila, Claudio Garrido, e o cronista da vila, Félix Arlindo. Houbo lecturas de poemas e o acto rematou coa interpretación do himno galego. Na praza que se habilitou colocouse un monolito cun poema do libro Darío a diario.

Ademais deste xardín xunto á capela de San Lázaro descubriuse a placa co nome da rúa Xela Arias, deixando atrás décadas de dominio do fundador de Falanxe. Tamén luciu un mural coa figura da poeta realizado polo artista Mon Devane.