Carreira pola lingua e feira de romanos e castrexos

maría caravel

LUGO

OSCAR CELA

04 may 2013 . Actualizado a las 06:55 h.

1Centos de estudantes da comarca de Lugo defenderon a lingua galega participando no Correlingua 2013, que percorreu o centro histórico da cidade baixo un sol de xustiza.

Feira castrexo-romana na Milagrosa

2Cando falta pouco máis dun mes para o Arde Lucus, A Milagrosa comeza a quentar o ambiente. A Praza Agro do Rolo acolle desde onte unha feira castrexo romana con talleres, desfiles de lexións, exposicións ou artesanía, que organiza a Asociación de veciños da Milagrosa.

«A cabeza non para»

3E falando de ocio, o televisivo Roberto Vilar presentou o espectáculo «A cabeza non para» no auditorio Gustavo Freire.

Mellores praceiros

4As prazas de abastos de Lugo e Sarria acolleron o sorteo da campaña «Presume de praceiro». Na sarriá, co edil Manuel Valiña como notario, os gañadores foron: Olga Piñeiro (75 euros), María Teresa López (50), e Olga Prado (25).

Comida en As Saamasas

5A excelente relación dos veciños do barrio de As Saamasas é máis que recoñecida. Cada ano organizan unha comida que ten como principal impulsor a Roberto Carreira, e que este ano chegou a décima edición.

Implicadas en Lugo

6As voluntarias Eva De la Torre e Ángela Valdés deron a coñecer en Lugo o interesante labor social da oenegé Implicadas no desenvolvemento (www.implicadas.com).

Visita da Uned Sénior

7E un grupo de alumnos da Uned Sénior de Xestoso-Momán, que coordina o sacerdote Luis Ángel Rodríguez Patiño, foron de excursión a A Coruña, onde visitaron, entre outros lugares, o instituto Eusebio da Guarda.