Doiras, a fortaleza medieval que ten perdida a súa historia

lucía rey texto LUGO / LA VOZ

O SAVIÑAO

OSCAR CELA

Poucas certezas se coñecen sobre o castelo, que foi construido no século XV

18 dic 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O Castelo de Doiras foi construído no século XV e pertendeu, en tempos, ao conde de Graxal de Campos, un título que posuíu ata 1909 o duque de Sexto. A principios do XX, a construción pasou ás mans da familia lucense Martínez Baladrón, logo a un empresario, máis tarde a outro, nos noventa viviu nel unha parella de artesáns..., e no ano 2000 foi comprado polos actuais propietarios, a Fundación Xosé Soto de Fión, de O Saviñao. A grandes trazos, estes son os únicos datos que se coñecen con certeza da emblemática fortaleza de Cervantes. «Non temos referencia histórica ningunha, e é unha eiva importante», destaca o secretario da fundación, J.A. Quiroga. Na súa opinión, as únicas informacións que se poden ofrecer neste momento son xenéricas e carecen de rigor, xa que o soporte documental está desaparecido. «Coñécense algunhas lendas, pero pouco máis», agrega o membro do padroado.