Froxán celebrará o 8 de decembro a Festa da Pisa

La Voz

LEMOS

21 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

A asociación cultural Fonte do Milagro celebrará o 8 de decembro en Froxán a decimocuarta edición da Festa da Pisa da Castaña, que recrea o sistema tradicional de preparación das castañas secadas nos sequeiros. O programa será similar ao de anos anteriores. En torno ás doce do mediodía comezará unha demostración do procedemento de seca das castañas con fume nun sequeiro da aldea. Os froitos secos son descascados dentro dun saco que se bate contra un cepo e sacudidos nunha bandexa chamada bandoxo.