Elena Ferro e os seus zocos xa están nos libros de texto

Rocío Perez Ramos
RocÍo Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Xerais

Xerais inclúe no de Lingua de sexto un cómic protagonizado pola zoqueira

10 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

«Non son uns simples zocos. Son a memoria de todas as persoas que camiñaron antes ca nós, do seu legado, a súa defensa do noso pobo, da nosa lingua e das nosas tradicións». Con estas verbas e en forma dun colorido cómic, protagonizado por Elena Ferro, Xerais da a coñecer este oficio tan galego. As follas forman parte do libro de Lingua de sexto de Primaria. A zoqueira de Merza (Vila de Cruces), Elena Ferro, conta que «é un proxecto de fai un ano, nos pediron permiso, firmamos unha autorización, pero son esas cousas que esqueces e onte cando mo mandou unha amiga mestra, foi una sorpresa».

«Quedou moi bonito, o texto, as ilustración... é unha honra e no taller estamos todos encantados», engade. Defende que «non é falar de Eferro, é falar dos nosos oficios e son esas pequenas cousiñas as que fan que cheguen aos rapaces». Elena queda retratada do cómic. «Saín moito mellor, moi favorecida e tal e como son eu ca camiseta de raias e a bata de traballo», comenta.

Explica que «non é a primeira vez que saímos nun libro de texto, debe ser a segunda ou a terceira, pero esta vez ao ser en forma de cómic, quedou moi bonito e nos sentimos moi honrados. Fíxonos moita ilusión». Nas páxinas sae debuxado o taller da familia en Merza e un dos seus modelos estrela: uns zocos vermellos combinados con pel de cebra nun texto que invita aos rapaces a lectura «zoqueando ata os orixes» co uso moderno dun calzado que forma parte da nosa historia e da nosa forma de vida.