A Deputación revoluciona o mercado do traballo na provincia grazas ao PEL

A. S. Rodríguez A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

TORRECILLA

Desde o 2017 a entidade provincial xerou máis de 6.300 novos empregos

17 dic 2023 . Actualizado a las 10:49 h.

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña é o buque insignia da presente corporación. No ano 2016 González Formoso e o seu equipo realizaron unha firme aposta polo emprego, creando o PEL e dotándoo dos recursos económicos e humanos suficientes para provocar un punto de inflexión na historia do organismo provincial, xa que se pasou de dedicar un millón de euros anuais a temas de emprego a preto de 10 millóns ao ano. Dende a súa estrea xa repartiu máis de 106 millóns de euros e xerou 6.317 empregos. O PEL foi medrando nestes últimos anos con varias liñas de especialización.

PEL Concellos

3.741 postos creados no sector público. Durante os últimos anos sufragou os custos de 3.741 contratacións de persoal para a prestación de servizos básicos nos concellos da provincia, priorizando a inserción laboral das persoas con máis dificultade á hora de atopar emprego.

  

PEL-PEMEs

2.500 empresas beneficiadas. Repartiu preto de 30 millóns de euros que permitiron recibir subvencións a máis de 2.500 empresas para sufragar o 70 % dos custos salariais e de Seguridade Social de novas contratacións. Como moitas delas mantiveron aos novos traballadores de forma indefinida, a Deputación outorgoulles unha segunda axuda cubrindo o 50 % dos custos.

PEL-AUTÓNOM@S

Alivio para 1.843 proxectos. Grazas a este liña, preto de 2.000 autónomos nos tres últimos anos puideron facer fronte ás súas cotas sociais, fomentando o emprendemento e colaborando na redución da economía mergullada ao reducir os seus custos mensuais.

PEL EMPRENDE

Impulso á 2.307 firmas. A Deputación da Coruña concedeu 2.307 axudas para investimentos nas empresas, o que supuxo un impulso crucial para o desenvolvemento e modernización dos negocios da provincia grazas a esta liña chamada PEL-Emprende Investimento.

Coworking

Rede provincial con 11 centros. A Deputación conta con 11 centros distribuídos por toda a provincia especializados en sectores puxantes. A rede está formada polo coworking do pazo de Arenaza (Oleiros), LAB Barbanza (Boiro), Transformando en Brión, Centro A Fusquenlla (Moeche), coworking A Capela, A Estación (Vedra), coworking de A Pobra, Espazo A Proa (Ames), coworking dixital Compostela, GreenCoworking (As Pontes) e a Casa do Pescador (Miño).

  

Oficina next

Xestionando fondos europeos desde A Capela. No 2022, a Deputación puxo en funcionamento este centro no municipio de A Capela, o primeiro creado en Galicia para dar apoio aos concellos na captación e xestión de proxectos susceptibles de ser financiados con fondos Next Generation da Unión Europea. Xa se teñen solicitado máis de 11 millóns de euros a través de diferentes convocatorias. A Deputación inviste 600.000 euros no funcionamento desta oficina. A elección deste concello como sede forma parte da estratexia provincial da loita contra o despoboamento e a promoción do medio rural.

  

Oficina acelera peme

Fomento da dixitalización. Está situada no municipio de Ponteceso. O seu obxectivo é apoiar a pemes, autónomos e emprendedores no seu proceso de dixitalización para que gañen competitividade. Ao igual que a oficina dos fondos Next, a elección deste concello da Costa da Morte tamén forma parte da filosofía de impulsar os municipios máis pequenos da provincia da Coruña.

Preparan na Coruña o maior estudo audiovisual de España

O audiovisual é un dos sectores máis puxantes. Galicia conta con empresas líderes na industria do cine, as series, a televisión ou a animación, pero ten aínda un enorme potencial de crecemento, que a Deputación contribuirá a acadar durante os vindeiros anos.

O goberno de Valentín González Formoso está a desenvolver o proxecto de Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia, que permitirá por en marcha a construción do maior estudo audiovisual virtual de España: o Coruña Estudo Inmersivo (CEI).

Este espazo audiovisual virtual vaise executar na Cidade das TIC na Coruña, nun edificio de nova construción, cunha superficie en planta de 4.160 metros cadrados, dos cales 750 metros van estar dedicados a albergar un plató de características únicas en España, con capacidade para recrear calquera escenario real ou de ficción. O proxecto custará 8 millóns de euros, dos que 5 serán de fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España.

atr

Nesta localización vaise instalar unha macropantalla led que permitirá realizar esa función, e o resto vai estar asignado a funcións auxiliares deste plató principal, un espazo de 200 metros cadrados para o acceso e as circulacións, camerinos, vestiarios, unha sala de maquillaxe e salón de peiteado, unha sala de figuración ou tres salas polivalentes, entre outras.

O liderado deste proxecto supón un fito estratéxico na axenda política da Deputación da Coruña, representando unha aposta firme, dimensionada e irrenunciable para consolidar non só a provincia, senón á comunidade como un polo de desenvolvemento e atracción do sector audiovisual competitivo.

Coa elección da Cidade das TIC preténdense crear sinerxías co sector tecnolóxico e coas empresas que alí se instalen. O estudo virtual permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos.

atr

Miguel Ángel Roig: «La ayuda nos permitió crecer más rápido y ser sostenibles»

Miguel Ángel Roig Barber (Valencia, 1979) desarrolla en Cambre desde el 2019 un proyecto de agricultura regenerativa en una extensión de cinco hectáreas que llevaba más de 15 años sin actividad. Su firma, Os Biosbardos, crece en clientes al tiempo que lo hace el propio equipo con tres personas más el propio fundador.

—En el 2022 recibió una ayuda del PEL Emprende para impulsar su empresa.

—Sí, era de 16.800 euros para hacer un CRM, un Software que nos permite agilizar la gestión de contactos, pedidos, hacer facturas, va asociado a la tienda online. Nos da la vida, no tienes que andar con hojas Excel. Esta ayuda nos permitió crecer más rápido. Creo que los emprendedores no deben estar pendientes de las subvenciones sino intentar ser autosuficientes, pero luego si estas llegan, estupendo. A nosotros nos hizo acelerar el proceso de crecimiento.

 —¿Cuál es la filosofía de su empresa?

—La sostenibilidad y en varios frentes. Por un lado la medioambiental, la social y, por supuesto, la económica. Podemos decir que también hemos alcanzado esta última.

—Ese mismo año la Diputación también les compensó el incremento de los precios.

—Fueron 3.000 euros por los efectos del covid.