Coristanco súmase aos concellos con servizo de normalización lingüística

A financiación corre a cargo da Deputación

O de Coristanco, xunto cos de Arzúa, Cedeira, Porto do Son, A Pobra, Sada, Oroso, Rianxo e Cambre, será un dos nove concellos da provincia que pasarán a ter a partir de agora novos servizos de normalización lingüística de nova creación financiados pola Deputación da Coruña. Así, a cifra global subirá ata 51. A liña de axudas convocada pola área de Normalización LIngüística provincial incluía este ano como novidade a posibilidade de solicitar servizo para concellos a partir de 5.000 habitantes. A vicepresidenta e responsable deste departamento, Goretti Sanmartín, defendeu a necesidade de «consolidar os servizos nas Administracións locais que xogan un papel de especial relevancia no proceso de normalización lingüística».

Votación
1 votos
Etiquetas
Coristanco Porto do Son Oroso Cambre Rianxo Cedeira Sada Arzúa Normalización lingüística Diputación de A Coruña
Comentarios