A festa segue con Alegría, relatos e máis libros

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

18 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Atrás quedou o 17 de maio, pero non as programacións das Letras Galegas. En Carballo a festa seguirá esta tarde co espectáculo Alegría, unha proposta musical encabezada por Sergio Tannus que se poderá ver no Pazo da Cultura (18.30 horas, con invitación). Na Laracha (biblioteca municipal, 18 horas) hoxe será día de relatos con Marisa Irimia e O contador de contos, mentres que en Zas (colexio, 21 horas) a cita será con Migallas Teatro e Conta connosco. Ademais, na biblioteca de Laxe está dispoñible desde hoxe o seu renovado fondo bibliográfico.