O concurso Youtubeir@s bota a andar co afán de encher a rede de vídeos en galego

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Poden presentarse vídeos dende mañá ata o 28 de abril

30 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O proxecto Youtubeir@s, iniciativa dos servicios de normalización lingüística dunha ducia de Concellos galegos -entre eles, Carballo- e das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, botou a andar onte. A posta de longo tivo lugar no Salón Reitoral da USC e alí estivo, entre outros, o alcalde carballés, Evencio Ferrero. Este novo programa, deseñado como un concurso, nace coa idea de incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais na rede e, particularmente, nunha das redes sociais máis empregadas do mundo, Youtube. Ao mesmo tempo, a idea é incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos. O certame en cuestión dará comezo mañá, 1 de decembro, e o prazo para presentar vídeos prolongarase ata o 28 de abril. Segundo se recolle nas bases, poderán participar persoas maiores de 14 anos, a través dunha inscrición en liña. Os vídeos han de durar como máximo 5 minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e dispoñibles en Youtube. Hai dúas categorías: «Vídeo-facermos» e «Vídeo-opinarmos», cunha categoría de mil euros como premio en cada unha das ramas. Haberá obradoiros nos concellos.