A nova biblioteca de Carballo fixo 1.600 préstamos nun mes

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

28 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

A boa acollida que entre os carballeses tivo a posta en funcionamento da nova biblioteca municipal non se reflectiu só na incorporación de mil socios no seu primeiro mes de vida, senón tamén na intensa actividade de empréstito de libros, discos ou películas desenvolvido nese tempo no recinto situado na zona do Rego da Balsa.

Nun só mes o número total de préstamos ascendeu a 1.669, o que, segundo os datos proporcionados onte desde o Concello, supón unha cifra similar á rexistrada na outra biblioteca municipal -que sigue aberta- durante medio ano. Os responsables municipais subliñan que estes datos confirman que as instalacións do Rego da Balsa están a supoñer «un impulso moi importante para a lectura en Carballo». Así, as 1.007 altas rexistradas e os 1.669 préstamos realizados durante o primeiro mes significan que durante cada un deses días, de media, o centro incorporou 40 socios e deixou máis de 60 libros, discos ou películas.

A biblioteca tamén foi obxecto xa de numerosas visitas por parte de grupos de escolares, que continuarán aumentando nas próximas semanas.

Ademais, esa boa benvida tamén se trasladou ás redes sociais, posto que os seus perfís en Internet suman xa un milleiro de seguidores.