Muxía deseña o seu outono cultural e deportivo

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

04 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Muxía deu a coñecer onte o seu programa cultural e deportivo para os meses de outubro e novembro. Ademais de comezar a tempada da Escola Municipal de Teatro, continuarán os obradoiros artísticos para maiores de 60 anos e o curso de alfabetización Hola Fabiola, para mulleres estranxeiras. O 11 de outubro, Talía representará O método Grönholm (21.00 horas) e o 24, Paco Souto, Rosalía Fernández e Serxio Moreira uniranse no espectáculo Tempo Escuro (20.00). Os días 25 de outubro e 8 e 22 de novembro haberá visita guiada aos secadoiros de congro (12.00, necesaria inscrición). O grupo Ni fu ni fa actuará no magosto do polideportivo o 15 de novembro. Para o 22 dese mes queda un concerto de lírica medieval galega. Tamén se conmemorará o 25 de novembro. Na parte deportiva, o prazo para inscribirse nas actividades abrirase o luns: para nenos, haberá fútbol sala, judo, educación física de base, patinaxe e taekwondo; para adultos, ximnasia de mantemento e actividade física para persoas con problemas musculo-esqueléticos e cardíacos.