A Mesa insta á Deputación a corrixir na zona os topónimos que están mal

La Voz

CARBALLO

CEDIDA

01 abr 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

O responsable da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños, Xosé Cotelo, así como varios membros da entidade, entregaron onte un escrito no rexistro da Deputación da Coruña. Nel solicitaban a corrección dos topónimos incorrectos que existen nos distintos sinais públicos da comarca de Bergantiños e que sexan competencia do ente provincial.

Así, ás portas de Deputación, lembraron o artigo 10 da Lei de Normalización Lingüística, que vén a dicir que os topónimos de Galicia terán como «única forma oficial a galega» e que estas denominacións «son as legais a todos os efectos e as rotulacións terán que concordar con elas». No seu intenso estudo, A Mesa localizou nos concellos da comarca bergantiñá un total de 172 topónimos con erros, dun tipo ou doutro, e moita desa sinaléctica pertence á Deputación.

Tamén enviaron un escrito á Xunta solicitando a corrección. Agora, agardan que «todas as Administracións galegas exercen a súa responsabilidade moral e legal».