04 nov 2015 . Actualizado a las 05:05 h.
A selección galega de fútbol afeccionado xoga hoxe o seu segundo partido de preparación de cara á súa participación na décima Copa das Rexións UEFA. E se dúas semanas atrás eran dous os representantes dos equipos do Salnés na convocatoria fronte ao Deportivo B, os futbolistas do Arousa Cardeñosa e Fran Fandiño, hoxe, a partir das 18 horas no campo vigués de Coia, o número elévase a tres, cun combinado do Celta B e do cadro de División de Honra Xuvenil celeste coma rivais.
Cardeñosa repite na lista de Juan Carlos Andrés, da que se cae Fran Fandiño para dar entrada a un Fran Matos, do Ribadumia ao que á súa vez substituíra o 21 de outubro tras causar baixa por motivos laborais. O mediapunta arlequinado Adrián Camiño completa a nómina arousá.