«Vivimos do peixe que vendemos, e hai, pero non nos deixan pescar»

SALVADOR SERANTES BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

«Barco que se perde, é insustituible; espero que aquí tocasemos fondo»

23 sep 2014 . Actualizado a las 14:41 h.

Seis anos fará en novembro dende que o mariñeiro e armador de baixura Basilio Otero Rodríguez foi elexido por primeira vez patrón maior de Burela. Reelexíronno e, dende o sábado, «por proclamación», preside a Federación Provincial de Pescadores de Lugo. O seu «compromiso co reto de defender a pesca» lévao a aspirar á presidencia da federación galega de pósitos.

-¿Satisfeito co novo cargo?

-É un orgullo, unha satisfacción e un honor, polo reto de defender á pesca, que é do que en realidade se trata. Valoro e agradezo a confianza de todos os que me están apoiando.

-¿Defender á pesca?

-Os biólogos calculan que hai arredor do 30 % máis do peixe que eles estiman, pero non se reflexa nas cotas que reparte Bruselas. Os mariñeiros vemos que no mar hai peixe, pero non nos deixan pescar, non nos deixan traballar e nós vivimos do peixe que vendemos. Digo isto porque agora veñen coa imposición dos descartes cero, sen explicar cómo nin qué facer. En definitiva, que a pesca de Lugo está ben, con barcos modernizados e con peixe para capturar. Haina que defender dos problemas burocráticos e administrativos que a obstaculizan.

basilio otero rodríguez, presidente da federación de confrarías de lugo