Arquitectos cataláns redeseñarán a paisaxe do claustro do Museo

C.LÓPEZ / la voz < / span>

LUGO

O xurado do concurso de ideas elixiu o proxecto de Alavedra e Cano

10 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O proxecto Acqua, dos arquitectos cataláns Lluís Alavedra Torrella e Joaquim Cano Biosca, foi o gañador do concurso «Xardín das Ideas» para a intervención paisaxística no claustro do convento de San Francisco que actualmente forma parte das dependencias do Museo Provincial de Lugo.

As bases deste concurso de ideas, a nivel de anteproxecto, establecían que as propostas debían considerar a relación entre as zonas axardinadas e a arquitectura como un todo, contribuíndo á rehabilitación dun espazo por medio da dotación artística, respectando a integridade da arquitectura e as pezas depositadas no claustro.

A este concurso presentáronse máis de 60 proxectos, moitos deles de procedencia internacional e todos de gran nivel. O gañador recibirá un premio de 3.000 euros, que se entregará en datas próximas, e tamén se celebrará unha exposición para amosar ao público os traballos premiados e mais o conxunto dos proxectos presentados.

O xurado outorgou tres mencións especiais a: Trazos no claustro, de Francesco Garofalo e J. Marcos Rodríguez Díaz, de Rotterdam; Epigrafía, de Martín Toimil Mato, de Lalín, e Mario Fernandes, de Portugal; e

CLR-10, de Elvira e María Paz Sangiao, de A Coruña.