O humorista Rober Bodegas actuará na cidade o vindeiro 10 de abril dentro da programación de Lugo10 para presentar o seu espectáculo Y un condón por si pillo . A actuación terá lugar ás 21.00 horas no Gustavo Freire. Nesta actuación Bodegas conta unha historia con forma de monólogo na que lembra a chegada do seu despertar sexual, e como grazas á intervención de persoaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home.
Rober Bodegas é o cómico, guionista e contacontos que se converteu no gañador de El Rey de la Comedia , programa de televisión que buscaba ao mellor cómico do país entre máis de 3.000 aspirantes. As entradas xa están á venda na web de Caixanova www.servinova.com ou na taquilla telefónica 902 504 500, a un prezo de 9 euros.