Morreu Antón Moreda, «clave no nacionalismo e referente na defensa do idioma»

La Voz

LUGO

Antón Moreda Rodríguez, nado en San Miguel de Reinante en 1934, finou onte no San Rafael, en Castro de Ribeiras de Lea. Será enterrado hoxe, na súa parroquia natal, saíndo a comitiva fúnebre do tanatorio de Barreiros ás 16 horas. O BNG da Mariña e o de Barreiros suliñan que foi «unha figura clave no nacionalismo galego da segunda metade do século XX». O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, considerao un «referente na defensa da cultura e do idioma». Moreda emigrou a Arxentina, onde mantivo unha intensa actividade intelectual con galeguistas coma Luis Seoane, Suárez Picallo ou Alonso Ríos. O Bloque recoñece a «súa loita incansábel e desinteresada».