pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
Ir a la Portada

Buscador de contenidos

Elige:

Un magosto pola tolerancia

No que se celebra mañá en Lugo, as músicas e os bailes arxentinos e uruguaios convivirán coa tradición galega

Autor:
C. López
Fecha de publicación:

Mil quilos de castañas do Courel e cincocentos litros de viño, ademais de auga e refrescos. Estes serán os ingredientes principais do magosto popular que terá lugar mañá a partires das cinco da tarde na praza de Santa María da capital luguesa, que estará cuberta por unha carpa.

O acompañamento virá dado pola música e a danza típicas de Arxentina e de Uruguai. Como este é un magosto pola tolerancia, que cada ano está dedicado a un colectivo social, nesta ocasión serán os arxentinos e os uruguaios os convidados de honra nesta cita na que as súas tradicións convivirán coas galegas, baixo a organización do Concello de Lugo e da asociación de rioplatenses desta cidade.

Actuacións

No programa de actuacións para este magosto figuran por exemplo Lucía Diez e Marco González, membro do Ballet Nacional e do Ballet Folclórico de Arxentina, que realizarán unha exhibición de diferentes bailes típicos desa terra, entre eles o tango.

Batital, o grupo lucense que une as tradicións galegas con diferentes sons do mundo, presentará precisamente o seu espectáculo Sons do mundo , no que repasan os distintos estilos musicais que practican, dende a bossa-nova e a música clásica ata o tango, pasando polo bolero, o folclore galego, o blues , o charlestón , o swing ou o fado. Versións orixinais e composicións propias con letras en galego mestúranse nun apaixonado percorrido polos distintos estilos musicais, empregando, xunto á batería, a frauta, a guitarra eléctrica o acordeón ou o tiple, instrumentos de pulso e púa noutros tempos de gran arraigo en Galicia, pero hoxe esquecidos nesta terra, como a mandolina, o laúde e a bandurria.

No ano do seu vinte aniversario, o grupo teatral Achádego representará un fragmento do seu espectáculo O libro de ler e desler (no que escenifican diferentes lendas e historias galegas, neste caso lendas sobre trasnos). De seguido farán xogos tradicionais cos asistentes ao magosto.

O Conservatorio lucense de danza e a academia de baile Ritmo Lugo escenificarán nun espectáculo a historia do tango, desde as súas orixes como baile dos escravos ata o tango actual, pasando polos primeiros tangos do porto de Bos Aires e rematando coa súa fusión con outros ritmos.

O colectivo cultural María Castaña deleitará aos asistentes cunha ruada; mentres que Urumundo, colectivo de uruguaios afincados en Galicia, traerá a este magosto un espectáculo de baile e percusión: o candombe.

 

ENVIAR NOTICIA  

Un magosto pola tolerancia

No que se celebra mañá en Lugo, as músicas e os bailes arxentinos e uruguaios convivirán coa tradición galega

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Un magosto pola tolerancia
O grupo lucense Batital será un dos que actúe no magosto de mañá
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Otros enlaces de interés:
  • Webs del grupo
    • Anuncios Clasificados
      • Tarifas web
        • Contacte con nosotros
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.