pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lugo
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Os nenos descobren a ciencia da man da robótica e do leite

Alumnos de varios centros participan en Lugo en talleres e xornadas divulgativas

Autor:
C.López
Fecha de publicación:

Medio cento de alumnos de quinto de Primaria do colexio Maristas A Inmaculada foron onte os primeiros en descubrir o labor investigador da Aula de Produtos Lácteos dentro do proxecto Ga-láctica e no marco dunha nova edición da Semana da Ciencia. Despois deles pasaron polas instalacións do citado centro os escolares do CEIP A Ponte.

Ademais de coñecer a actividade investigadora da citada Aula, os escolares puideron degustar algúns produtos lácteos e coñecer así as características de cada un. Por outra banda, durante a súa estancia na planta piloto coa que conta o centro puideron coñecer en vivo e en directo o funcionamento das diferentes tecnoloxías que se empregan para a elaboración dos distintos produtos lácteos. Eles mesmos foron quen de preparar algún.

Noutro punto da cidade, concretamente nas aulas do parque infantil de tráfico, outros estudantes, estes procedentes de colexios e institutos das catro provincias galegas, empezaron a familiarizarse coa linguaxe da robótica e a participar en pequenos grupos na montaxe e programación dun robot móbil empregando para elo unha serie de pezas de Lego.

Ademais de divertirse e de pasalo ben, que de iso ten moito este obradoiro, os alumnos enfróntanse a unha serie de desafíos. Se conseguen superalos é posible incluso que obteñan unha recompensa, xa que os proxectos que leven a cabo poden ser premiados no concurso galego de robótica.

En calquera caso, o milleiro de escolares que pasarán por este taller, que tamén forma parte da Semana da Ciencia, veñen dispostos a demostrar que saben traballar en equipo e resolver problemas científicos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Os nenos descobren a ciencia da man da robótica e do leite

Alumnos de varios centros participan en Lugo en talleres e xornadas divulgativas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Os nenos descobren a ciencia da man da robótica e do leite
Na Aula de Produtos Lácteos, os escolares olfatean unha bebida láctea antes de saboreala
Autor de la imagen: | FOTOS ÓSCAR CELA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lugo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lugo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.