Con motivo da celebración, o vindeiro domingo, do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, esta tarde terá lugar na Biblioteca Provincial a xornada E ti, ¿que opinas dos malos tratos ás mulleres? , que será inaugurada, ás oito, pola delegada provincial de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. A continuación haberá unha mesa redonda referida a esta problemática, na que intervirán José Ramón Torrente e Xosé Francisco Nebril, representantes de Homes Galegos pola Igualdade.
A partir das nove celebrarase o recital Polifonías, coas voces das mulleres e dos homes contra a violencia de xénero. Neste caso intervirán Marica Campo e Carlos Solla Varela. Para rematar terá lugar un espectáculo de danza e música a cargo de Branca Novoneyra, Isaac Garabatos e Lassa. Trátase dunha reflexión feita por artistas de distintas disciplinas sobre as etapas da vida e a importancia do azar e das inevitables repeticións.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios