pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica Á busca do tesouro polo casco histórico monfortino

A actividade, que se desenvolverá esta noite, foi programada dentro dos xogos das Noites alternativas

Autor:
Natalia Díaz
Localidad:
monforte |
Fecha de publicación:

As Noites alternativas chegan esta fin de semana ao seu fin e na noite de hoxe organizarase un xogo moi especial para celebralo: a busca do tesouro. A mecánica do actividade é a seguinte: os distintos equipos participantes deberán ir localizando unha serie de puntos xeográficos nos que hai varias pistas con adiviñas que terán que resolver para descubrir a ubicación do tesouro. Os tres equipos que primeiro cheguen á última pista deberán pasar unha proba definitiva, na cal se decidirá quen será o gañador.

O xogo, que partirá do parque dos Condes a partir das 22 horas, estenderase ao longo do casco histórico de Monforte e abarcará un percorrido duns cinco kilómetros.

Os equipos deben estar integrados por un mínimo de tres membros e un máximo de cinco. A diferencia da primeira edición da busca do tesouro, que se celebrou o ano pasado, non se farán distincións entre grupos integrados por menores e adultos, pero en cada grupo será obrigatorio que haxa alo menos unha persoa maior de idade.

Ao longo de toda á actividade, os participantes deberán cumprir a principal norma do xogo: non poden empregar ningún tipo de vehículo de motor para ir dun punto a outro.

O premio para o equipo gañador consiste nun cheque regalo de 300 euros para canxear nun establecemento de Monforte en material informático. A iniciativa foi organizada pola concellería de Xuventude do Concello de Monforte, a vicepresidencia terceira da Deputación de Lugo e a agrupación local da Cruz Vermella.

Aínda que xa hai tres equipos inscritos na actividade, todos os que desexen participar nela poderán apuntarse esta noite antes de que comece a celebrarse.

Punto e final

A edición das noites altenativas 2010 remata mañá. De 21 a 22 horas está programada unha exhibición de ximnasia rítmica da man do club Quicela. A partir das 22 horas desenvolveranse as actividades das noites alternativas e as 00.00 horas, un concerto con grupos locais porá o punto final a un mes de actividades. Subirán ao escenario The Poets Of Silence, B'Puppets e Crash The Ocean.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica Á busca do tesouro polo casco histórico monfortino

A actividade, que se desenvolverá esta noite, foi programada dentro dos xogos das Noites alternativas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Á busca do tesouro polo casco histórico monfortino
Niños jugando al cuatro en raya en las Noites alternativas
Autor de la imagen: | A. LÓPEZ
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.