pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

«Cando metemos a un veciño con actores profesionais, iso non ten prezo»

Fecha de publicación:

-Máis aló do simple chauvinismo, ¿qué lle supón ter nacido nun lugar como Chantada?

-Quizais sexa a terra do interior, as nosas costumes e tradicións. Ás veces a vila está demasiada tranquila, tanto que asusta. Baixamos dos 9.000 habitantes e moitos deles son xa maiores. Novos quedamos poucos e un quere ser fiel ao seu lugar de nacemento.

-A terra na que vive osixena a súa obra. ¿Qué importancia lle dá á cultura?

-Sen cultura non hai nada. Dicía Daniel Vázquez Bóo -fundador e presidente da sociedade La Liga de Amigos, 1912- que «pobo que non se move, é pobo morto».

-Póñase diante da cámara e diga qué ve.

-Filmes de guerrilla. Producións propias de baixo presuposto que teñen a vantaxe de poder xogar con total liberdade no guión, nas localizacións e nas situacións dos personaxes da historia. Facemos o que nos gusta sen ningunha corrente comercial. Iso é o que vexo.

-¿Cando se sente vostede máis realizado?

-Cando convertemos a un labrego en produtor, en xefe de loxística a un mecánico ou incluímos un veciño nalgunha secuencia con actores profesionais. Iso non ten prezo.

-¿Que din os veciños cando contemplan na pantalla as corredoiras, as leiras e as casas onde fan vida?

-Agora xa van acostumados. Gústalles poñerse ao mesmo nivel dos actores, falar con eles e poñen moito de si para que todo saia ben.

-«Almas do Fental» é a curtametraxe doutro chantadino. David Vázquez optou aos finalistas dos premios Mestre Mateo anque tampouco tivo máis éxito ca vostede. ¿Que diría desta cinta e mais do seu director?

-É unha das curtametraxes máis fermosas que vin, tanto na súa realización técnica como no que transmite: a morte do rural. David Vázquez fai un cinesta de autor, comprometido e con moita crítica social. É amigo persoal, dende sempre foi o meu director de fotografía e os dous fomos pioneiros no cinema no concello de Chantada.

 

ENVIAR NOTICIA  

«Cando metemos a un veciño con actores profesionais, iso non ten prezo»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.