pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.lemos
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | olga novo escritora «É moi emocionante ser recoñecida pola miña xente»

O Concello da Pobra do Brollón acordou dar á Casa de Cultura da vila o nome da poeta de Vilarmao

Autor:
Francisco Albo
Fecha de publicación:

O Concello da Pobra do Brollón acordou o pasado xoves dar á Casa de Cultura da vila o nome da escritora Olga Novo, natural de Vilarmao. A homenaxeada, que traballa na Universidade de Bretaña Sur -en Lorient- está agora a pasar uns días en Galicia.

-Non é frecuente que os escritores reciban homenaxes como este a unha idade tan temperá como a súa. ¿Que lle pareceu?

-É moi emocionante ser recoñecida deste xeito pola miña propia xente, a xente do mundo rural e labrego ao que pertenzo e que vertebra toda a miña poesía. Alégrame especialmente recibir esta distinción cando temos na Pobra do Brollón o primeiro goberno municipal de esquerdas desde a Guerra Civil. Faime moita ilusión non só por min, senón porque o tomo como un apoio ao labor da xente nova e un recoñecemento ao papel das mulleres no eido da cultura e da lingua galega. Eu querería ademais que na Casa de Cultura o meu nome representase o de todas as mulleres do campo, as que nunca souberon ler nin escribir, e tamén o de toda a xente da Pobra do Brollón que loitou pola educación e a cultura, como o noso último alcalde republicano, Antonio Reboiro, que morreu asasinado polo fascismo.

-¿Que está facendo por aquí estes días?

-Vin participar en Santiago nunha serie de conferencias sobre a escritora Xohana Torres que organiza o Consello da Cultura Galega e aproveito para recoller datos para un estudo sobre a relación que tiveron con Bretaña os intelectuais galeguistas históricos, como Castelao e Vicente Risco.

-¿Pensa traballar tamén para estreitar as relacións culturais entre Galicia e Bretaña?

-Teño moito contacto co mundo cultural de Bretaña e quero traballar en traducións de poesía galega ao bretón e viceversa, pero iso levará o seu tempo e necesitarei axuda de escritores de alá. Levo algun tempo estudando bretón pero vou pouco a pouco, porque é unha lingua moi difícil.

-¿Ten algún proxecto literario en marcha?

-Estou preparando un libro de poesía que entregarei dentro de pouco para publicar. Estou tamén escribindo un libro en prosa sobre o mundo rural galego. Falo do mundo no que me criei e da miña familia, utilizando a memoria familiar para facer a memoria colectiva dun mundo que desaparece. Quero tamén que esta obra sexa unha crítica dos poderes políticos que deixan esboroarse e morrer a nosa sociedade rural.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | olga novo «É moi emocionante ser recoñecida pola miña xente»

O Concello da Pobra do Brollón acordou dar á Casa de Cultura da vila o nome da poeta de Vilarmao

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«É moi emocionante ser recoñecida pola miña xente»
Olga Novo está pasando uns días en Galicia
Autor de la imagen: | ALBERTO LÓPEZ

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.lemos
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.lemos
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.lemos
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.