Ana Casal deu esta semana una charla sobre educación sexual a escolares de 11 anos do Colexio Novo. Esta xinecóloga, que ademais é concelleira de Sanidade en Monforte, admite que hoxe os rapaces teñen hoxe moita máis información que antes sobre estas cuestións.
-¿Que lles hai que contar sobre educación sexual a rapaces de sexto de primaria?
-Na asignatura de coñecemento do medio dese curso vénlles o aparello reproductor. A charla estaba pensada para ampliar os coñecementos que xa teñen no libro e para irlles informando do proceso de cambios da adolescencia, na que están a punto de entrar. Ademais, aproveitei, co seu beneplácito, para falarlles de métodos anticoncepticos, sexualidade responsable e enfermidades de transmisión sexual, aínda que todo isto último moi por riba, só cunhas pinceladas.
-¿Como recibiron a charla os rapaces?
-Portáronse moi ben. Fixeron cantidade de preguntas, e algunas moi ben feitas, moi serias. Claro, tampouco faltaron as risiñas cando tocaba ver determinadas diapositivas, pero iso é completamente normal.
-¿Segue habendo carencias importantes en materia de educación sexual nas escolas?
-Está claro que as cousas xa non son como eran ata hai vinte ou trinta anos. Pero a información en materia de educación sexual nunca está de mais.