O 1 de decembro Bico de Leite presentará o documental Podes darlle o mellor de ti . Trátase dun vídeo divulgativo duns 20 minutos de duración, que pretende achegar ao público ao mundo da lactancia materna a través das testemuñas, entre outros, de nais con nenos e nenas lactantes de diferentes idades.
«O documental pon de manifesto as vantaxes da lactancia materna e amosa as experiencias de varias mulleres galegas, para que sirvan de espello no que mirarse as futuras nais», sosteñen no colectivo lucense, que reivindica «o dereito de toda nai» a aleitar ao seu fillo «ata cando ambos o desexen».
Desde a web
Por outra banda, esa xornada darase a coñecer en Lugo a nova páxina da federación (www.fedegalma.org), a través da que se pode entrar en contacto con calquera dos grupos de apoio que existen en Galicia; tamén informarse e consultar dúbidas ou mesmo descargar o manual de extracción e conservación de leite materno.