O recén creado club Guimaromotor organizou un percorrido de Brollón a Asturias

La Voz

LEMOS

O recentemente creado Club Guimaromotor, radicado na Pobra do Brollón, organizou durante a fin de semana unha ruta de quad e todoterreo que discorreu entre este municipio e a localidade asturiana de Pola de Somiedo. O percorrido, que se levou a cabo a través das serras do Courel e dos Ancares, comezou sobre as nove da mañá do pasado sábado culminou cunha cea de confraternización na que participou o alcalde do municipio de Somiedo.

A actividade, denominada primeira Ruta Guímaro-Astur, contou coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón e de varias casas comerciais da comarca.