A Politécnica experimenta técnicas de cultivo de plantas medicinais

La Voz

LEMOS

11 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A árnica, a equinácea e a milfollas son as tres especies de plantas medicinais coas que traballa actualmente o grupo de investigación de sistemas agroforestais da Escola Politécnica, que dirixe o profesor Antonio Rigueiro e do que forman parte, entre outras, as profesoras Rosa Romero e Rosa Mosquera. No ensaio das técnicas de cultivo destas plantas están colaborando coa cooperativa palense Milhulloa e coa Fundación Comarcal da Terra Chá. Tamén agardan desenvolver un sistema de cultivo de trevo violeta e de melisa para a empresa madrileña Plantalia Natural.