Os grupos de investigación do campus fan demostracións didácticas das súas actividades

La Voz

SANTIAGO CIUDAD

Coa finalidade de achegar á xente o labor investigador que se está desenvolvendo no campus lugués, este tamén conta con expositor propio nesta feira, no que levan a cabo demostracións didácticas dalgunha desas investigacións. Os encargados de realizalas son os profesores que forman parte da Unidade de Xestión Forestal Sostible da Escola Politécnica Superior, que amosan, entre outras cousas, diversas técnicas de medición de árbores.

A eles súmanse os técnicos do Laboratorio do Territorio e do Sistema de Información Territorial da USC, que tamén aproveitarán esta cita para explicar o traballo que desenvolven. Ademais, un dos profesores do citado centro, David Miranda Barros, ofrecerá mañá unha conferencia que versará sobre a tecnoloxía Lidar na xestión forestal.