Segundo se desprende da enquisa do IGE, a familia é o berce da aprendizaxe do galego nas cidades, nunha proporción maior que a escola. Non obstante, o número de fogares nos que todos os membros maiores de cinco anos falan só galego é moi cativo se se compara co equivalente en castelán. En Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo, son maioría os pais que se dirixen aos fillos en galego, proporción que se inverte en Santiago, Lugo e Ourense. O galego acada máis presenza entre os avós, como corresponde a un maior uso desta lingua na poboación maior de 65 anos.
Cadea de transmisión
Esta cadea de comunicación é básica para a saúde do galego, segundo Rei-Doval, e «a perda da transmisión interxeracional da lingua» é un problema para o galego. «Ese é aínda hoxe o reto pendente: hai que conseguir que os pais e nais galegos falen en galego aos seus fillos», afirma o sociolingüista.