pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.galicia
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

chequeo ao galego O Mapa Sociolingüístico apunta a primeira recuperación do galego

En doce anos, a capacidade de ler en galego pasou do 45,9 ao 82,1 %, e a de escribir subiu do 27,1 ao 74,4%

Autor:
Tucho Calvo
Fecha de publicación:

O idioma galego experimentou nos máis novos un aumento do seu uso como lingua inicial. Trátase dun incremento pequeno, pero que de confirmarse marcaría un cambio de tendencia de extraordinario valor por canto racha, por primeira vez en toda a historia, a liña de permanente perda de falantes. Esa evolución rexistrouse nas persoas que no 2004 tiñan entre 16 e 24 anos, o que por outra banda supón deixar ás portas ao grupo de idade que teoricamente está a recibir unha formación máis intensa na nosa lingua.

O dato aparece no primeiro volume do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04) dedicado á «Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia» e que vén de publicar o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega co resultado de 9.714 enquisas. E trátase dun fenómeno, segundo se fai constar no traballo, que están a corroborar distintas fontes de información sociolingüística, coma o IGE 2003 e 2004 e un estudo ao final do ensino obrigatorio na comarca de Santiago que realizaron Loredo Gutiérrez, Fernández Salgado e Suárez Fernández no 2005.

Xa a Enquisa de condicións de vida das familias galegas (ECVFG) do Instituto Galego de Estatística do 2003 apuntara datos positivos en relación coa do MSG-92. Realizado cunha mostra de preto de 20.000 persoas, o traballo do IGE constataba un lixeiro aumento na capacidade de entender o idioma galego (pasou nese período do 97,1 ao 97,3%). Pero as variacións positivas chegaban a ser mesmo espectaculares nas outras destrezas: falar pasaba do 86,4 ao 90,1, ler do 45,9 ao 85,3, e escribir do 27,1 ao 49,8%.

Excluídos os maiores de 55

A revisión do MSG do 2004 ofrece resultados para o galego que a primeira vista poden sorprender negativamente, pero que non deben considerarse sen ter en conta os cambios metodolóxicos que se introduciron na consulta respecto da de 1992. A exclusión de todos os maiores de 55 anos (a poboación máis asentada no emprego do galego) e a realización das enquisas primando o número de entrevistados urbanos fronte os do rural, explican que entre a ECVFG do ano anterior e esta última sondaxe promovida pola Real Academia baixasen os que entenden o galego do 97,3 ao 93,0%, os que o falan do 90,1 ao 82,5%, e os que o len do 85,3 ao 82,1%. Pola contra, a mesma exclusión dos maiores de 55 anos favorece que o aumento da capacidade de escribir que caracteriza os máis novos, os escolarizados na nosa lingua, continuase en espectaculares cifras de aumento e pasase do 49,8 ao 74,4%. «Non é difícil -sinálase no informe- percibir o efecto producido pola introdución do galego no ensino na percepción das competencias en galego, especialmente nas lectoescritoras».

Quizais o certamente interesante é que estamos a falar de que a poboación máis nova ten cada vez unha maior formación. Non é só o nivel que acadan quen poden ler e escribir na nosa lingua, senón que se asenta un dominio dos dous idiomas oficiais, galego e castelán, deica o punto de se manifestar como bilingües arredor do 45% dos menores de 34 anos.

Neste apartado concreto tamén debe considerarse que os cambios metodolóxicos poden desvirtuar as comparacións. Á pregunta de «¿En qué idioma aprendeu a falar», no 92 as posibles respostas eran galego, castelán, as dúas e outras. Nesta ocasión pasouse a só en galego, máis galego, máis castelán, só castelán, outras e NS/NC. Así as cousas, o máis significativo sería ver dentro da propia MSG-04 qué cambios se producen co paso do tempo e o resultado, entre a poboación de 25 a 34 anos e a comprendida entre os 15 e os 24 que o número de monolingües en galego pasou do 13,9 ao 16,6, mentres que os que teñen como lingua inicial monolingüe o castelán descenderon do 38,2 ao 37,2.

Os resultados parecen responder á lóxica tamén neste apartado, porque o maior coñecemento dos dous idiomas por parte dos galegos que se van incorporando á paternidade, o maior peso da representación urbana e as opcións de resposta diferentes da enquisa apuntan claramente cara ao bilingüismo.

 

ENVIAR NOTICIA  

chequeo ao galego O Mapa Sociolingüístico apunta a primeira recuperación do galego

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.galicia
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.galicia
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd