Marzo na memoria

Rafael Pillado

VIGO CIUDAD

Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chán unha morea de feridos, e mortos a Amador e Daniel. Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial: nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza organizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo.

O 10 de marzo supoñía un momento álxido na loita pola democracia e que albiscaba as movilizacións que durante ese ano recorreron Galicia, sobre todo en Vigo. Foi o esforzo e dedicación para atender os mais pequenos problemas, orgaizar núcleos de traballadores desde a pequena á gran empresa; para desenrolar a solidaridade entre elas, diante de cada problema por pequeño que fose, e dos traballadores con outros sectores sociais. Foi, en definitiva, un esforzo por dotar aos traballadores de instrumentos políticos e sindicais capaces de triunfar sobre da ditadura. Entre elas, as CC.?OO. E tivo un coste alto, á morte de Daniel e Amador hai que engadir os moitos feridos, despedidos, detidos e encadeados. Pero nada poido parar aqueles anceios de liberdade e Democracia.

É momento de recordar tamén a Xulio Aneiros, Paco Filgueiras, Xulio Pérez de la Fuente, Balbina Valcárcel (A Carbonera), Bárez, Mourente, Manuel Pillado, e tantos outros. E hoxe, sobre todo, a Manolo Amor e Xosé María Riobó, con quenes compartín algúns anos de encerro.

Na actualidade, os problemas son doutras características. Máis os problemas de fondo persisten. E son moitos os que padecen a precariedade no traballo, as longas xornadas e sobre de todo o paro. Época na que unha minoría pode provocar unha crise global do sistema, coa pretensión de que sexan os traballadores quenes a paguen.  Mesmo na nosa comarca afecta gravemente a moitos traballadores e pequenas empresas, a práctica totalidade da sociedade. E por eso, as ensinanzas de marzo do 72 deben valer para  potenciar a unidade de acción sindical, a solidaridade e a movilización de todos os asalariados. A Asociación Cultural Fuco Buxán a que pertenzo, chama  a participar en cantas movilizacións sexan convocadas nesta comarca.