pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.ferrol
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Alcalde de Fene Un estaleiro competitivo

Autor:
? Iván Puentes ?
Fecha de publicación:

Onde eran ostras, xacen estaleiros, agonizantes», di a fenesa e amiga Matilde Castro nun dos seus marabillosos haikus. Astano esmorece dende hai máis de 30 anos, dende que nos anos 70 o INI franquista a incorpora ao sector público por ser xa insostible como empresa privada. Ter claro que debe ser Astano no século XXI e, sobre todo, saber como facelo, é clave para o despegue económico de Ferrolterra.

¿Público ou privado? Evidentemente público. A dereita, pero tamén recentemente o nacionalismo, defenderon dun ou doutro xeito a privatización do estaleiro. A demanda do naval é claramente cíclica e moi flutuante e diso sabemos moito en Fene. A permanencia no sector público será o que nos asegure poder acceder a grandes pedidos para outros países e, sobre todo, manter os postos de traballo e o estaleiro aberto en épocas nas que a demanda sexa menor.

¿Cantos estaleiros civís da antiga Izar se manteñen activos? Só Astano e Puerto Real, os únicos que non foron privatizados. A crise ademais fixo que mentres viamos no telexornal como no naval de Vigo se destruían empregos e se rescindían contratos, porque unha empresa privada non se pode permitir o luxo de perder cartos, en Ferrolterra mantíñamos intacta a nosa carga de traballo ata o ano 2014. ¿Alguén defendería hoxe o chamado Plan Barreras para Astano? Eu dende logo non.

Podemos soñar con volver a ver en Astano unha factoría con máis de 10.000 traballadores construíndo superpetroleiros, pero serán enerxías que gastaremos en soñar e non en planificar o estaleiro do futuro. Ese modelo de empresa responde a outra realidade económica, a autarquía do franquismo e a dun país en vías de desenvolvemento.

O primeiro que debe facer a nova dirección de Navantia, ademais de conseguir novos contratos, é dotar ao estaleiro de Fene dunha carga de traballo propia, tanto militar como civil e especializalo nunha ou varias áreas, complementarias cos demais estaleiros do grupo. Ata o ano 2014, practicamente ata que remate o veto para a construción civil, hai carga de traballo. Antes desa data debemos ter claro que facer co estaleiro e o diálogo cos traballadores debe ser o primeiro paso para o éxito de calquera iniciativa de futuro. Navantia Fene debe manterse nos sectores civil e militar e traballar naquilo no que poda ser competitivo. Competitividade que descansaría en dúas patas fundamentais. Primeiro, a construción de todo tipo de artefactos navais que leven asociada unha alta especialización tecnolóxica e, polo tanto, un alto valor engadido, é dicir aquilo que non saben e non poden facer en países menos desenvolvidos. Segundo, aproveitando a nosa situación estratéxica, ás portas do Atlántico, potenciar a división de reparacións, unha liña que xera moito emprego e moitos ingresos. Astano ten que adaptar as súas instalacións para converterse no grande centro de reparacións da fachada atlántica europea.

En Fene hai que ir investindo cartos xa na adaptación do estaleiro para os novos tempos, deseñando a plantilla de traballadores, adicando un bo equipo de enxeñería a planificar proxectos de futuro. Astano ten que seguir sendo un dos motores económicos de Ferrolterra, como empresa pública, moderna, adaptada aos novos tempos, especializada e buscando o seu oco de mercado. É posible facelo, pero requerirá de altas doses de diálogo, aposta política e económica, abandono de vellos prexuízos e implicación de toda a sociedade. Ese día poderemos dicir que «onde eran ostras, viven estaleiros, saudables».

 

ENVIAR NOTICIA  

Un estaleiro competitivo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.ferrol
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.ferrol
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.ferrol
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.