A Mesa pola Normalización Lingüística califica de «precaria» a situación do galego na escola
FERROL CIUDAD
A Mesa pola Normalización Lingüística calificou de «precaria» a situación do galego na escola despois de denunciar que varios colexios de Galicia «non cumpren coa legalidade vixente» e non imparten a metade das materias en galego. Poñen como exemplo o colexio das Mercedarias.
Por outro lado, aseguran que moitos máis centros da comarca non asinaron ningún libro de lectura en galego, «todos en castelán menos o do inglés» e afirman que isto é unha «vergoña».
Carlos Outeiro, coordinador da entidade na zona de Ferrol, asegurou que o conselleiro de Educación «está a crear problemas en vez de solucionalos», e añadiu que «varren totalmente a presenza da lingua galega».
A Mesa pola Normalización Lingüística sinalou que xa puxo en coñecemento da Administración galega a situación dos colexios, e que saben doutros exemplos que están ocorrendo e que contarán «nos próximos días»