«Queren deteriorar o sistema de pensións para recorrer ao privado»

La Voz

ECONOMÍA

Desde a CIG sinalan que as propostas de Fernández Ordóñez nada teñen que ver coa crise.

1. Somos totalmente contrarios a ese tipo de medidas totalmente regresivas e nas que todos os defensores das políticas neoliberais veñen incidindo desde sempre. Istes estómagos agradecidos ao neoliberalismo inciden na necesidade de deteriorar o sistema de pensións para que a xente recorra ao privado.

2. Non é unha medida a ter en conta. As verbas de Ordóñez son as dun señor ao que só lle preocupa como recortar dereitos.

3. Incidimos precisamente no contrario. Nunha situación de crise na que o investimento privado cae, a dinamización ten que estar no sector público.