pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

en dous minutos Carne de gourmets en Agolada

A Finca do Baladoiro comercializa becerros de rubia galega criados á antiga usanza e sen empregar productos químicos

Autor:
Silvia Rial
Localidad:
lalín/la voz.
Fecha de publicación:

Catorce anos adicados á comercialización e venta de carne ecolóxica avalan a traxectoria de Xosé Manuel Méndez, técnico de Medio Ambiente en Lalín, neste novo mercado aínda non moi explotado. A Finca do Baladoiro atópase no lugar do mesmo nome entre Agolada e Vila de Cruces, e xunto co boi semental conta con 22 vacas de raza rubia galega -hai algunha asturiana- máis as súas crías, que neste momento son 15 becerros.

Xosé Manuel introduciuse neste mundo «para aforrar traballo»: e é que antes adicábase á explotación de vacún de leite. Aínda que as súas instalacións non están inscritas no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, seguen as mesmas pautas desta.

«O meu lema é non empregar productos químicos, todo é natural: os animais aliméntanse da herba que pastan nos prados, de herba seca e maman leite ata o seu sacrificio». A pesar de estar en réxime extensivo, Xosé Manuel afirma non ter tido ningún problema con lobos nin animais salvaxes. Os becerros cébanse ata os seis ou oito meses e a súa carne véndese de maneira directa ao consumidor, que mesmo pode seleccionar a res que quere. Pode facer a encarga a través de e-mail ou por teléfono, aos que se accede a través da web oboidobaladoiro.wordpress.com. O becerro véndese enteiro ou a repartir en ata en catro partes de todas as pezas do canal. De este modo, de non querer o becerro enteiro ou a metade, o comprador deberá xuntarse con outros compradores ata completar o becerro. A carne véndese envasada ao vacío a un prezo de seis euros por kilo/canal sumándolle as taxas de matadoiro, as bolsas de vacío e os gastos de envío.

A competencia neste mercado non é moi abundante, xa que non se comercializa moita carne vermella, que é a característica principal da carne do Boi do Baladoiro. Garda semellanzas deste xeito con tenreira galega: «Só vendemos para particulares, porque non nos podemos permitir gastar en instalacións xa que non é un mercado moi rentable».

Publicidade boca a boca

A promoción é sempre unha labor complicada e máis nun mercado que aínda está dando agora os seus froitos. Méndez sinala que sen dúbida unha das mellores formas de promoción segue a ser o boca a boca, «que o amigo lle diga ao veciño a calidade que ten a carne que comeu onte», aínda que indica que é moi difícil atopar xente que valore a calidade, «comemos polos ollos, non polo que o producto nos reporta». Un dos obxetivos de Xosé Manuel é conseguir que a xente se fixe máis na calidade e nos beneficios que lle reporta para a sua saúde unha boa alimentación. Viría ser como un certo enfrontamento entre calidade e cantidade, onde a gañadora debería ser a primeira.

 

ENVIAR NOTICIA  

en dous minutos Carne de gourmets en Agolada

A Finca do Baladoiro comercializa becerros de rubia galega criados á antiga usanza e sen empregar productos químicos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Carne de gourmets en Agolada
As reses atópanse na finca do Baladoiro, en Agolada, e reciben unha alimentación totalmente natural
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.