Bo papel do club Umia no galego de augas pechadas

La Voz

CERCEDA

09 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A participación do Club Acuático Umia no Campionato Galego de augas pechadas alevín, infantil e cadete, pechouse con bos resultados. Entre os éxitos acadados polo club, destacaron o ouro da estradense Tania Gamallo en cadetes, e o de Daniel Suárez na mesma categoría. Helena Gestoso, Alba Montouto e Mariña Magariños tamén asinaron meritorios postos nas súas respectivas competicións. Dos 25 nadadores que o Club Acuático Úmia desprazou ata Cerceda, unha decena son estradenses.