pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:edi.deza
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | xoán carlos garrido couceiro profesor de filosofía, historiador e escritor «A maior causa de rechazo é a falta de coñecemento»

Lembrarase hoxe a memoria de seis republicanos que foron paseados en A Estrada o 9 de outubro do ano 1936

Autor:
Amelia Ferreiroa
Fecha de publicación:

A Comisión pola Memoria Siñor Afranio de A Estrada e a Comisión pola Memoria de Vilagarcía, coa colaboración de ambos concellos, homenaxearán hoxe aos seis paseados da Ponte do Regueiro.

-O feito de que o acto esté programado na vila estradense quere decir que había algún veciño do termo municipal?

-Non, non había ningún de A Estrada pero foron paseados á saída da vila e soterrados nunha foxa común. Os seis republicanos eran Severino García Teijeiro, de Rodeiro; José Domingo González Boullosa, de Vilagarcía; Ramón Muíños Lorenzo era de Silleda, Jesús Froiz Gómez, de Lalín; logo estaba Manuel Guillán Abalo que era do Salnés pero estaba casado en Lalín. A súa muller apelidábase Agulló, e tamén estaba Juan Bacariza Sánchez que era da zona de Vilagarcía.

-Por aquel entón, ¿cal foi a reacción do pobo ante os paseados?

-A verdade é que provocou unha conmoción en A Estrada e desembocou nunha rección solidaria que fixo que os seis republicanos lograran ser soterrados no cemiterio pero, eso sí, nunha foxa común. Todo iso foi posible grazas a solidaridade do pobo e de persoas como o crego Nicolás Mato Varela e o xuíz Fermín Bouza Brey que amosaron un comportamente exemplar fronte a este crime. Tamén é moi salientable o acto de rebeldía que se levantou en A Estrada; a xente lles levaba frores ao cemiterio aos republicanos, a aquela foxa común. Esta homenaxe ten unha dimensión que traspasa a localidade de A Estrada.

-Que pretenden con este acto?

-Queremos sinalizar os lugares da memoria, coma este. Queremos lembrar aos paseados, a actividade nocturna que se facía sempre a un quilómetro -ou máis- da vila, á distancia suficiente das últimas casas para poder disparar, unha execución sempre a distancia...

-Vostedes lembran a historia, outros piden deixala sen remexer...

-O descoñecido sempre trae rechazo. A maior causa de rechazo é a falta de coñecemento da nosa historia, da terra que pisamos. Penso que cada vez, e segundo avanzan os anos, o rechazo a saber e a coñecer a realidade histórica é máis minoritario. Ben é certo que hai xente que prefire non coñecer a historia, e o mesmo sucede coas biografías...

-Desprazaranse ate o lugar onde sucederon os feitos aquel 9 de outubro do 36?

-E mesmo poremos no chan da beirarrúa unha placa lembrando o acontecido. Será na Ponte do Regueiro ás 19.30 horas, e logo descubriremos unha lápida no cemiterio estradense, sinalando a foxa común onde foron soterrados os republicanos e os nomes de todos eles.

-E para rematar, intervencións no Teatro Principal...

-Será ás 21 horas e participarán Rosalía González Génova e Leonor Guillán, familiares das vítimas, e o profesor e investigador lalinense Manuel Igrexas que lembrará os acontecementos.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | xoán carlos garrido couceiro «A maior causa de rechazo é a falta de coñecemento»

Lembrarase hoxe a memoria de seis republicanos que foron paseados en A Estrada o 9 de outubro do ano 1936

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«A maior causa de rechazo é a falta de coñecemento»
Garrido Couceiro pertence á Comisión pola Memoria
Autor de la imagen: |MARCOS MÍGUEZ
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.