O Balonmán Deza impúxose ao Novás no seu debut na casa en Primeira

La Voz

DEZA

23 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O Balonmán Deza disputou a pasada fin de semana o seu primeiro partido na casa en Primeira Autonómica, e con vitoria para os locais. Os dezanos venceron 29-23 ao Novás B nun encontro ao que o Deza chegaba cargado de baixas, pero que foron quén de dirixir dende o principio. A vitoria local artellouse dende o último tramo da primeira metade, cando o Deza apostou por cambiar a súa defensa 6:0 por unha 5+1 sobre o lateral esquerdo que deu ás aos locais, chegando ao descanso cun 14-12. O Deza chegou a gozar no segundo tempo de vantaxes de 9 goles que ao final o Novás maquillou ata o 29-23.

Polo Deza xogaron O Lobo (1), Antonio, Nené (2), Tuskin, Diego (2), Sabas (2), Gúmer (5), Jotaeme, Al-Jhartum (8), Lamego, Perich, Potic e Kalo (6). Perich asinou un gran traballo na meta.