pub
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Entrevista | José antonio pena fernández presidente da sociedade de caza e pesca de silleda «Fomentamos un deporte máis entre os socios, o tiro»

A sociedade silledense celebra hoxe a Festa do Socio, ao longo de toda a xornada, no campo do Picoto en Vilar

Autor:
Amelia Ferreiroa
Fecha de publicación:

En plena tempada de pesca, a Sociedade de Caza e Pesca de Silleda adícalle hoxe o días aos asociados cunha festa que acaba de trocar de nome.

-Antes era a Festa do cazador e do pescador pero como agora tamén contamos con tiro engadir tamén dito nome facíase moi longo. Optamos por denominala Festa do Socio, e aí están todos incluidos.

-Entón é só unha festa para asociados?

-Para todos os socios, por suposto, pero tamén para a xente que está vinculada ao mundo da caza e da pesca. A nosa sociedade sempre estivo e está aberta a todos.

-Caza, pesca e agora, ¿nova modalidade: a de tiro?

-Así é. Fomentamos un deporte novo entre os socios: as prácticas de tiro. Contamos cun dos poucos campos autorizados para a práctica de tiro todo o ano e pensamos que é preciso darlle publicidade.

-Con cantos socios contan?

-De momento, ningún. Estamos con todo o papeleo e dependerá da Xunta. Cando nos autorice a tramitación de asociados comezaremos. O que sí é que temos afecionados de Silleda, Agolada, Vila de Cruces, Santiago e Ourense que ao longo dos últimos meses xa estiveron facendo prácticas de tiro no noso campo.

-Que actividades teñen programadas para hoxe?

-Imos repartir os cotos de pesca ás oito da mañán. Será só para asociados e de aí sairán logo os que acudirán ao campeonato provincial. Antes haberá que facer a pesada e tamén o control de todo o que se pescou. Posteriormente haberá unha gran comida de confraternidade para todos os asistentes e, pola tarde, teremos prácticas de tiro. É unha festa á que asisten sempre xentes de todas as idades; os pescadores e cazadores máis veteranos traen aos fillos, aos netos...

-A sociedade silledense pasa por un óptimo momento de traballo e de volume de asociados...

-A sociedade pasa por un bo momento en conta a saúde pero non así en volume de socios, que continuamos cos mesmos. Tampouco nos queixamos do número que non baixou, iso quere decir que facemos as cousas ben aínda que nunca está todo a gusto de todo o mundo.

-Falaba dun volume de socios semellante o de anos anteriores, ¿de que cifra estamos a falar?

-Somos catrocentos socios cazadores e douscentos pescadores. Cando rematemos todo o trámite do tiro, arrancaremos coa campaña de captación de socios. De momento toca seguir traballando despois de que se desbrozara monte e se sementaran unhas cen hectáreas de trigo, centeo e avea.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | José antonio pena fernández presidente da sociedade de caza e pesca de silleda «Fomentamos un deporte máis entre os socios, o tiro»

A sociedade silledense celebra hoxe a Festa do Socio, ao longo de toda a xornada, no campo do Picoto en Vilar

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Fomentamos un deporte máis entre os socios, o tiro»
| marcos míguez
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.deza
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.deza
Otros enlaces de interés:
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd