«Anunciáronnos que Casa Cacheiro pode usar a marca Galicia Calidade»

DEZA

02 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Ana María Vidal López, da casa de turismo rural Casa Cacheiro de Lamela, acaba de deixar a presidencia de Turdeza que reúne uns dezaseis socios na zona. Algo doída porque alguén no respectou el sistema de representación do colectivo, decidiu dimitir pero Casa Cacheiro se mantense como socia. Quere pasar capítulo, non afectar a sociedade coa súa dimisión. O contrapunto tivo antonte. Casa Cacheiro coñeceu que Galicia Calidade (Consellería de Industria) lle autoriza usar este prestixioso selo. Un máis dos moitos que atesoura. -Deixou a presidencia de Turdeza.. -Si, dimitín día 8 de novembro -¿Por qué dimitiu? -Por discrepancias e en desacordo con funcionamentos na asociación porque non acepto que se pase por encima de min en cousas. Pero funme con pena porque os socios estaban contentos comigo.. Non me vou enfadada con nadie (di non querndo incidir máis na sua dimisión). -Teñen una nova distinción? -Si, anunciáronnos (o venres, por correo electrónico) que Casa Cacheiro pode usar a marca Galicia Calidade. O Comité de Certificación na reunión do 14 de novembro decidiu concedernos a licenza de uso da marca. -¿Foi difícil?, ¿qué significa? -Hai un protocolo, tivemos que pasar unha auditoría e concédesenos para os servizos de hostalería como di o escrito que especifica que se verificou que esta casa ten concedida a marca Q de Calidade Turística Española.