«Foime bastante ben, ésta non foi unha mala tempada de pesca»

DEZA

Martín Ledo Toubes mostrou as súas cualidades de pescador en maio cunha troita de 3,2 kilos. Este pescador de Rodeiro valora ben a tempada recén rematada e na que o bo caudal compensou o mal clima.

-¿Qué tal foi a tempada?

-Bastante ben, houboas mellores pero non foi un mala tempada. Pillei bastantes troitas e boas.

-¿A máis grande foi a famosa dos 3,2 kilos?

-Si foi a mellor.

-¿Aproximouse moito nas outras?

-Pillei una de 1,2 kilos. Non houbo queixa, houbo anos que pillei máis pero este ano fun menos o río.

-¿Sigue habendo troitas no río?

-Si que hai, polo menos aquí no Arnego e os afluentes, e autóctonas que é o máis importante

-Foi ano climático especial, ¿influíu o tempo?

-O tempo inflúe moito, no verán si esta o tempo quente cóllense mellor as troitas, e máis.

-¿E o río?

-Esta ben levaba auga despois de un ano que estaba moi seco. De caudal moi ben, moi ben, o malo era o tempo frío, aire do norte, e a troita agora o último, que se usa o saltón, quere tempo quente.

-¿Que artes usou?

-Só cucharilla, e saltón a partir do 15 de xullo

-¿Que pide para o ano para o ríos?

-Indispensable algo de limpeza e coidalos. Os ríos están bastante ben, pero necesitan limpieza porque hai plásticos, cordóns de pacas... o que non hai como antes é cadáveres antes había cadáveres de animais por todas as esquinas.