pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

música The Homens publica o seu novo traballo en cedé, vinilo e MP3

O grupo galego achégase ao son da independencia británica no seu terceiro álbum

Autor:
Xesús Fraga
Fecha de publicación:

Para o grupo de hip-hop neoiorquino De la Soul, o número máxico era o tres. Tamén o é para os composteláns The Homens. O trío publicou onte o seu terceiro disco, Tres, noutros tantos formatos: vinilo, cedé e MP3. Estará á venda nunha edición conxunta de vinilo e compacto ou en digipack; ambas conteñen as versións dixitais das once cancións do álbum, que ademais poderán descargarse de balde na web do grupo (www.thehomens.com).

Esta variedade é posible pola «democratización no acceso da música», como o cualifica Martin Wu, guitarra e voz do grupo, que se completa co baixista Roi Fernández e Xocas López na batería. «Publicamos as nosas composicións baixo licenza Creative Commons, que permite a distribución libre da música sen ánimo de lucro. Pero tamén entendemos que hai xente que valora o disco como obxecto e queremos darlle algo especial», matiza.

Tres gravouse no estudio Ultramarinos Costa Brava, de Sant Feliu de Guixols, coa produción de Santi García, que enriqueceu os temas con sección de ventos, percusión e acordeón. The Homens entraran no estudio cun monllo de temas cuxo eclecticismo reflicte a apertura sonora do grupo e un crecemento na súa confianza. O resultado, que supón un paso de xigante con respecto á anterior entrega, # 2, achega o seu son á independencia británica. «É que levabamos moito tempo escoitando pop británico actual e redescubrindo cousas do Britpop», aclara Martin Wu, quen tamén se amosa satisfeito das letras de Tres, aínda que a pregunta que máis escoita é por que fai pop en galego, «mesmo de xente que pensabas que estaría máis normalizada». «Para nós é o máis natural, o galego é a nosa lingua cotiá e por iso mesmo é a que empregamos tamén na música», repite. Ademais, The Homens non están sós na cuestión lingüística, porque para os vindeiros meses está prevista a aparición de traballos de grupos que teñen no galego -normativo ou reintegracionista- o seu vehículo de expresión. «Quen diga que non se pode facer pop en galego vaille resultar moi difícil defender o seu argumento», conclúe Martin Wu.

 

ENVIAR NOTICIA  

música The Homens publica o seu novo traballo en cedé, vinilo e MP3

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
The Homens publica o seu novo traballo en cedé, vinilo e MP3
| JANITE
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd