pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

«A obra que entregará La Voz non é unha Wikipedia, senón un traballo de decenios de investigación»

Autor:
J. C.
Fecha de publicación:

Os tres historiadores que falan arredor da mesa participaron na redacción de A Gran Historia de Galicia , que La Voz comezará a distribuír o domingo día 9 de setembro. A conversa dedícalle o seu tempo á obra.

Pilar Cagiao. É moi salientable o feito de que incorpore, por primeira vez de forma sistemática, a un relato da historia de Galicia as súas relacións con América. Ademais, dándolle un gran espazo. É unha toma de conciencia por parte de quen concibiron a colección de que iso tiña que estar dunha vez, e non como un aspecto lonxano, porque está incorporado con case mil páxinas. Dalgún xeito traduce, ademais, cal é o estado da cuestión respecto da relación entre Galicia e América. A obra o que fai é volver a avaliar, a recoller todos os estudos que se fixeron respecto deste tema, e ultimamente avanzouse moito sobre esa cuestión.

Ramón Villares. Si, esta é sen dúbida a gran novidade da colección, porque pon por primeira vez a historia de Galicia nunha dimensión extraterritorial de Galicia, e xa era hora. Tamén se lle da máis importancia que noutros textos á historia da cultura, máis que a da política. Estudos de mentalidades, formas de vida cotiá, todo iso, no que Pegerto é un experto. No que é o apartado infraestrutural ou de historia económica non ten tanto peso a agricultura como nas historias que se facían hai vinte anos. Incorpórase unha certa mirada industrial, sobre o comercio que antes se consideraba inexistente, en parte porque non había investigacións sobre iso. A obra vai ter bastantes novidades. E permite ter moita información porque son miles de páxinas que, a fin de contas, constitúen non unha enciclopedia, pero si unha aspiración case globalizadora. Non inclúe a historia da literatura, da arte, porque sería inacabable, incluso inadecuado, pero como esforzo historiográfico eu diría que é moi grande.

Hai un punto non tratado ata agora que son os dous tomos dedicados á autonomía e incluso ao franquismo, polos que ata o de agora se pasou por enriba. Ultimamente empezamos a ter investigacións sobre o franquismo, a represión, a economía da ditadura. Aínda nos queda aí por avanzar, porque ao franquismo aínda non lle chegou a ebulición. En cambio temos outros períodos da historia que chegaron o punto de ebulición, aínda que logo iso pode dar mellor ou peor comida.

Un lector de hoxe pódese sentir cómodo coa obra que entregará La Voz porque o texto é crible, non é unha Wikipedia; e froito de decenios de anos de investigación, do traballo de moita xente, moitas investigacións, arquivos...

Pegerto Saavedra. Eu diría que a obra incorpora temas que non se trataban ou aos que se lles prestaban pouca atención, sobre todo na época contemporánea. Tamén noutras. Habitualmente a historia moderna permanente era economía social, agora nesta colección a economía ocupa dous volumes e a política social e cultural ocupa cinco. E o referido á economía titúlase Unha economía diversificada. A atención que se presta ao exercicio do poder, á cultura campesiña, á cultura letrada, conflitos sociais... é moi superior á que se viña prestando. Iso é así porque se investigou moito, sobre todo en temas de cultura e política. As achegas dos últimos vinte anos son moi importantes.

É importante destacar tamén os estudos que se incorporaron sobre a historia da muller, na que se fixo un esforzo importante e moi significativo nos últimos anos e que teñen tamén a súa importancia na redacción desta obra.

OS HISTORIADORES

A conversa revólvese cara aos autores que falan do nivel da historiografía galega.

P. S. A historia de Galicia está a un nivel moi alto no conxunto de España, en termos comparativos. Eu vexo o que se fai en Cataluña, no País Vasco e creo que a historiografía galega está nun primeiro nivel.

R. V. Hai altas e baixas. A historiografía catalá foi moi boa entre os anos cincuenta e setenta e agora xa non é tan punteira. En cambio nós, nos cincuenta non tiñamos nada. Eles tiveron unha figura como Vincens-Vives, que foi fundamental...

P. C. Eu creo que realmente non se pode falar dunha escola galega, pero si da existencia de referentes.

R. V. Si. Máis que escola, diría presenza importante de puntos de vista e investigacións galegas no conxunto da historiografía española [asentimento xeral]. E aí poderíamos dicir que nalgúns temas é bastante importante.

Aínda que é curioso, en historia industrial hai en Galicia un grupo bastante importante que está moi considerado no conxunto da historia industrial española. Calquera época da historia, temos en Galicia homes e mulleres que poden considerarse referentes. Non temos porque estar acomplexados.

 

ENVIAR NOTICIA  

«A obra que entregará La Voz non é unha Wikipedia, senón un traballo de decenios de investigación»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd