pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

MÚSICA Recuperan a figura da primeira gaiteira galega documentada

A historia da artista está no disco-libro «Itinerario histórico-musical de Celanova»

Tras un gran éxito no Madrid dos anos vinte, Áurea Rodríguez foi bautizada como «raíña da gaita galega»

Autor:
Ángel Varela
Fecha de publicación:

redacción | Susana Seivane ou Cristina Pato tiveron unha antecesora de lenda. Foi Áurea Rodríguez, primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. A historia de Áurea está incluída no Itinerario histórico-musical de Celanova, un disco-libro que trata os principais fitos culturais da comarca ourensá e que acaba de editar Ouvirmos.

Entre os artistas máis coñecidos da comarca estiveron Os Maravillas de Cartelle. Que o grupo fora dirixido por unha muller era asombroso para a época, pero non foi menos sorprendente que nos anos vinte lograse tal triunfo nas súas actuacións en Madrid que Áurea foi designada pola prensa capitalina como a «raíña da gaita galega». Os Maravillas viaxaron a Arxentina en 1929 para actuar, e as poucas informacións que existen parecen indicar que Áurea non regresou do outro lado do charco.

A xingra, lingua dos músicos

O disco-libro inclúe tamén referencias á lingua específica que os músicos desas terras inventaron para comunicarse sen que os estraños soubesen de que falaban: a xingra, unha fala gremial única.

Nos textos escritos por Richard Rivera, Fernando Reyes e Sonsoles Hernández para o libro tamén se alude ao carácter de residencia real que tivo Vilanova dos Infantes. Dúas fillas de Afonso X o Sabio residiron no mosteiro vilanovés de Santa María, o que fai moi probable que dentro dos seus muros soasen as Cantigas de Santa María compostas polo seu pai.

Outro dos lugares que aparecen no itinerario é o santuario da Virxe de Cristal. A procesión deste lugar sagrado ten a particularidade de que se desenvolve acompañada por un grupo de danzantes, que son homes vestidos de mulleres que representaban ao gremio más importante de Vilanova no pasado: os zapateiros.

De coros relixiosos e cegos

Entre os lugares que o disco-libro destaca está tamén o mosteiro de San Salvador, que conta cunha importante colección de libros antigos de coro para canto gregoriano. O facistol, un atril xigante, era o moble que se utilizaba para soster uns libros que xustificaban o seu gran tamaño pola necesidade que tiñan os monxes cantores de velos desde lonxe mentres cantaban.

Outros dos elementos que o libro destaca de Celanova en relación coa música é a tradición que a vila sempre tivo de cafés que ofrecían actuacións. Os protagonistas podían ser tanto artistas ambulantes, como o cego de Gándara -representante da tradición do cego-músico-, ou máis clásicos, como o barítono e escritor de finais do XIX Castor Méndez Brandón.

 

ENVIAR NOTICIA  

MÚSICA Recuperan a figura da primeira gaiteira galega documentada

A historia da artista está no disco-libro «Itinerario histórico-musical de Celanova»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Recuperan a figura da primeira gaiteira galega documentada
Imaxe dos anos trinta de Áurea Rodríguez co grupo que dirixía, Os Maravillas de Cartelle | cedida por manuel garrido
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd