«Os textos están inspirados na miña experiencia nunha siderurxia»

Juan Torreiro

A CORUÑA CIUDAD

05 jun 2009 . Actualizado a las 12:22 h.

O poeta e crítico literario Alfredo Ferreiro (A Coruña, 1969) presenta hoxe ás oito da tarde, na galería Sargadelos (calle Real, 56), o poemario Metal Central, libro editado por Edicións Espiral Maior que recolle un puñado de poemas saídos da súa experiencia ao carón do seu traballo nunha siderurxia na Larach a.

-¿Que propón nos poemas de «Metal Central»?

-Os textos deste poemario saen da miña experiencia nunha empresa siderúrxica da Laracha, onde estiven traballando catro anos como responsable de riscos laborais.

-¿Comparte a súa labor de creador coa de técnico?

-Non. Eu son de letras de toda a vida, pero hai uns anos decidín embarcarme temporalmente nesta outra dedicación, da que saquei novas conclusións, traballando a turnos, a relación coa noite, co ruído do ferro ou os das máquinas.

-¿É o seu primeiro libro en solitario de poemas?

-Si, e ademais trátase dun proxecto moi sólido que supón a miña volta á poesía.

-¿Algo especial para a presentación desta tarde?

-Estarán presentes Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial, e Xosé M. Álvarez Cáccamo, autor do prólogo. Ademais haberá unha proxección de vídeo feita exclusivamente para este libro por Alberto Esperante.

-¿Esta traballando en algún outro proxecto na actualidade?

-De momento estou ca presentación de Metal Central , pero xa teño outro libro acabado, listo para a súa publicación, e ademais estou recompilando os textos que teño dispersos.