Confesa que nunca subiu no ascensor de San Pedro e di que ten testemuños de que viaxa moito en bus
A CORUÑA
29 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.
A Tello gústalle a praza de María Pita máis sen estatua que con ela, aínda que non vai romper o pacto porque a heroína fique onde está. A pesares de ser edil de Turismo, confesa que nunca viaxou no ascensor bola de San Pedro e só unha vez no tranvía turístico, que, di, nunca cualificou de tren chuchú. Si pasou dúas veces por Penamoa, sempre para coñecer a súa situación de primeira man. Di que viaxa en bus -«pregunte aos condutores»- e puntúa así: PSOE, «progresa adecuadamente»; BNG, «satisfactorio, pero non se deben durmir»; PP, «nunca propuxo nada serio».