Xosé Ramón Cendán traballa na sede betanceira do Sindicato Labrego, pero os pasados días estivo no Foro Mundial de Belem en Brasil participando en moitas actividades que buscan eliminar as barreiras e, sobre todo, cuestionan o actual modelo de produción agraria no mundo. No discurso de Cendán entrelázanse a defensa das profesións tradicionais, a dos produtores locais e, por riba de todo, as políticas que axudan a non esquilmar a terra e permiten producir de forma sostible.
-¿Cal é o maior pecado que comparten países desenrolados cos que, en aparencia, non o son?
-A agricultura pode ser o maior quentador ou enfriador do planeta. Non ten sentido traer de Francia en camións que contaminan produtos que se poden cultivar na nosa terra.
-¿Que lles fai falla aos produtores para saír a flote?
-Concienciación a todos os niveis. En Bruxelas hai catro grandes mercados onde os agricultores poden vender os seus cultivos; aquí iso considérase pasado de moda. E con este sistema os consumidores tamén saen perdendo: non é o mesmo comer una verdura cortada hai catro horas que hai catro días. Aínda por riba comprar os produtores locais sae máis barato.
-¿Qué falla nas explotacións da comarca?
-Potenciar un modelo sostible para que a xente poda seguir con esta actividade ou que poda incorporarse a profesións en período de desaparición. Hai que coidar os recursos ou dentro de nada non haberá auga para consumir nin cartos para pagala.